Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas
29.03.10   |

BALIDEA vai colaborar coa Universidade de Santiago de Compostela nun proxecto que inclúe o desenvolvemento dunha aplicación con funcionalidades que facilitarán a xestión da rede de telefonía fixa da entidade académica.

 
10.03.10   |

As Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira de Galicia (ADSG) coñeceron esta mañá o Sistema para a xestión integral dos seus programas sanitarios, unha ferramenta desenvolvida pola Consellería de Medio Rural, coa colaboración de BALIDEA, para facilitar a xestión sanitaria e administrativa destas entidades.

 
09.03.10   |

A entidade académica viguesa, coa colaboración de BALIDEA, vén de completar o proceso da posta en funcionamento de dous módulos de xestión que permiten aos alumnos e alumnas a solicitude electrónica das bolsas máster e bolsas de comedor, ao tempo que facilitan ao persoal administrativo a xestión das mesmas.

 
04.03.10   |

O Centro Tecnolóxico AIMEN organiza a xornada ‘UNE 166002, Motor de Innovación’, que terá lugar o 17 de marzo e que se centrará nas prácticas que facilitan a innovación empresarial. BALIDEA participará xunto coas empresas Moblegal, Portomuiños, Hijos de Rivera e Dinak.

 
03.03.10   |

No marco do seu programa de renovación e actualización das TIC, a Universidade de Vigo confioulle a BALIDEA a posta en marcha do seu novo portal web, que acaba de ser publicado. A través del, a institución viguesa proxecta unha imaxe corporativa máis moderna, ademais de achegar novas funcionalidades.

 
 
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76