Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas Oleiros confíalle a BALIDEA a renovación do seu Portal Web e Intranet

Oleiros confíalle a BALIDEA a renovación do seu Portal Web e Intranet

Xoves, 17 Decembro 2009 10:45

O Concello de Oleiros adxudica a BALIDEA o lote 1 do concurso "Oleiros, cara á administración electrónica. Fase I". Este procedemento ten por obxectivo a renovación do portal web actual, o deseño e desenvolvemento da Intranet corporativa e Portal do Empregado.

Oleiros busca con este proxecto dar un novo impulso á modernización do Concello, consolidando a súa plataforma de eAdministración, incorporando tecnoloxías de DNI electrónico, certificados dixitais, rexistro telemático, etc. O novo Portal Web municipal configurarase como un punto de encontro coa cidadanía, as empresas, as asociacións e demais axentes relacionados co municipio, potenciando as canles de comunicación electrónicas do Concello de Oleiros no ámbito da eAdministración.

A proposta presentada por BALIDEA fai especial fincapé o uso de tecnoloxías opensource e no estrito cumprimento dos estándares e pautas de accesibilidade web.

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76