Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas BALIDEA obtén por segundo ano consecutivo o recoñecemento de empresa GACELA

BALIDEA obtén por segundo ano consecutivo o recoñecemento de empresa GACELA

Xoves, 05 Novembro 2009 15:28

BALIDEA obtén por segundo ano consecutivo o recoñecemento como empresa GACELA segundo a clasificación establecida na publicación ARDÁN Galicia 2009. As empresas catalogadas como GACELA son aquelas que aumentan o seu volume de negocio de forma continuada, durante un período de polo menos tres anos consecutivos, por encima do 25% de incremento anual, durante cada un deles.

Ardán é un servizo de Información de apoio á actividade empresarial. Naceu en 1989 para facer chegar ao público información empresarial cun alto valor engadido. A fonte de datos económicos que nutre Ardán procede dos depósitos das Contas Anuais (Balance, Conta de P e G, Memoria e Informe de Xestión) que as empresas depositan no Rexistro Mercantil.

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76