BALIDEA participa no portal do Sistema de Cualificacións Profesionais de Galicia
Martes, 28 Xullo 2009 15:20
BALIDEA participou no desenvolvemento da nova web do Instituto Galego das Cualificacións, dependente da Consellería de Traballo e Benestar. O novo portal, que se integra na web da propia Consellería, desenvolveuse cumprindo as pautas de accesibilidade marcadas polo World Wide Web Consortium (W3C). Incorpora, entre outros espazos, buscadores de certificados de profesionalidade, descarga de programas de formación complementaria ocupacional, listaxes do catálogo de expertos, espazos para a descarga de normativa, licitacións, publicacións e estatísticas, trámites e modelos, etc...
BALIDEA fíxose cargo da explotación da información contida nas bases de datos do Instituto Galego das Cualificacións e da elaboración de automatizacións dos datos estáticos, así como do mantemento e actualización de diversas aplicacións de xestión interna do propio Instituto e da súa páxina web.
O Instituto Galego das Cualificacións é o órgano de carácter técnico que executa as liñas aprobadas polo Consello Galego de Formación Profesional, creado en 1999 como órgano consultivo e de participación dos axentes sociais e económicos do ámbito galego que ten como obxectivo básico coordinar todas as ensinanzas e accións de formación profesional que se acometen ou vaian acometer en Galicia. Á súa vez, o Sistema de Cualificacións Profesionais de Galicia creouse como un instrumento específico de carácter técnico para velar polo establecemento e xestión en Galicia do Sistema Nacional das Cualificacións Profesionais. Entre os seus obxectivos están o de observar a evolución das ocupacións e das cualificacións, determinar as cualificacións profesionais nos diferentes sectores produtivos e acreditar as cualificacións profesionais da poboación activa de Galicia.
Instituto Galego das Cualificacións![]()
Sistema de Cualificacións Profesionais de Galicia ![]()
| < Anterior | Seguinte > |
|---|