Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas BALIDEA desenvolve para o SERGAS un portal específico sobre a gripe A

BALIDEA desenvolve para o SERGAS un portal específico sobre a gripe A

Luns, 20 Xullo 2009 15:18

BALIDEA vén de colaborar co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) na posta en marcha dun portal web específico para a información de utilidade e actualidade relacionada coa gripe A (H1N1).

Co fin de facilitar a localización da información por parte dos colectivos aos que vai dirixido o portal, ao que se accederá a través da web do SERGAS, este estruturouse en tres grandes bloques.

O primeiro deles recolle información de utilidade para a cidadanía en xeral (para persoas enfermas, para as que coidan delas, para as que presentan factores de risco, formularios de autodiagnose, preguntas e respostas frecuentes,información sobre as campañas de vacinación...). O segundo, está dirixido aos colectivos profesionais e incorpora información sobre os factores de risco, instrucións, notas sobre a continuación da campaña, recomendación para as ambulancias, informes para os profesionais sanitarios... Por último, tamén existe un terceiro bloque con recomendacións para determinados colectivos que poderían estar en contacto con persoas afectadas ou en situación de risco, caso das persoas que traballan en centros educativos; escolas infantís; empresas: centros de maiores; centros de atención a menores, de inclusión e emerxencia social, albergues de peregrinos...

Portal web sobre a Gripe A Abre una nueva ventana

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76