Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas BALIDEA obtén o nivel de madurez 2 de CMMI

BALIDEA obtén o nivel de madurez 2 de CMMI

Martes, 30 Xuño 2009 15:16

BALIDEA acadou o Nivel 2 do CMMI (Capability Madurity Model Integration), unha certificación independente que valora a capacidade dunha empresa para prestar servizos de desenvolvemento de procesos de software.

CMMI é o modelo máis difundido a nivel mundial para a mellora dos procesos de desenvolvemento e mantemento de sistemas e productos de software que outorga o Software Engineering Institute da Universidade Carnegie Mellon (Pittsburg, EEUU). Estes son o seus principais beneficios:

  • Maior efectividade na detección e redución de erros que poidan afectar directamente a clientes e usuarios. os equipos de traballo e os clientes logran ter unha maior visibilidade das tarefas que se realizan, cunha garantía de que os requisitos son contemplados adecuadamente.
  • Resultados máis predecibles nos proxectos e mecanismos para responder de manera rápida e eficaz a calqueira cambio, incidencia ou potencial desviación que se presente no transcurso dun proxecto ou servizo.
  • Redución de custos e aumento do rendemento da inversión e da produtividade da empresa.
  • Redución nos prazos de entrega dos proxectos.
  • A medio prazo, aumenta a confianza nas estimacións e plans desenvolvidos de xeito que a organización pode abordar con seguridade maiores retos sobre a base da experiencia que vai acumulando.

Certificación CMMI Nivel 2 Abre una nueva ventana

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76