Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas O Instituto Galego das Cualificacións adapta a súa web ás pautas do W3C

O Instituto Galego das Cualificacións adapta a súa web ás pautas do W3C

Domingo, 14 Xuño 2009 15:13

BALIDEA vén de colaborar co Instituto Galego das Cualificacións na adaptación das súas aplicacións web ás pautas de accesibilidade marcadas polo World Wide Web Consortium (W3C), co fin de facilitarlle o acceso ás mesmas a aquelas persoas con algún tipo de discapacidade.

Ao aplicar estas pautas, o Instituto Galego das Cualificacións establece garantías para o acceso universal ás ferramentas que ten dispoñibles no seu portal, en tanto que a Accesibilidade Web engloba moitos tipos de discapacidades, incluíndo problemas visuais, auditivos, físicos, cognitivos, neurolóxicos, da fala...

A web deste organismo, que depende da Consellería de Traballo e Benestar, conta, entre outras, con aplicacións que permiten obter información sobre as profesións e a súa relación co mundo laboral e formativo; datos de ocupación laboral desagregados por provincias, comarcas, etc; indicadores do mercado laboral; informes de mobilidade; mapas integrados de recursos de formación profesional en Galicia... A maior parte destas ferramentas están dirixidas ao estudantado, a persoas do mundo da empresa, orientadores/as laborais, traballadores/as, xestores/as ou técnicos en xeral pero tamén a aqueles mozos e mozas que comezan a buscar traballo ou a persoas en paro que queren reorientar o seu futuro laboral.

O Instituto Galego das Cualificacións é o órgano de carácter técnico que executa as liñas aprobadas polo Consello Galego de Formación Profesional, o órgano consultivo e de participación dos axentes sociais e económicos galegos que coordina todas as ensinanzas e accións de formación profesional que se acometen ou vaian acometer en Galicia.

Web do Instituto Galego das Cualificacións Abre una nueva ventana

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76