O SERGAS habilita dúas guías de práctica clínica coa colaboración de BALIDEA
Luns, 25 Maio 2009 15:08
BALIDEA vén de acometer as tarefas de deseño, maquetación e desenvolvemento do software de visualización web das dúas novas guías de prácticas clínicas editadas pola Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia (avalia-t), dependente do Servizo Galego de Saúde. Estas, son as relacionadas co hipotiroidismo conxénito -sendo a primeira guía deste tipo realizada en España- e coa hernia inguino-crural.
As guías de práctica clínica axudan a profesionais e pacientes a decidir sobre cal é a intervención sanitaria máis axeitada nunha situación clínica concreta e a mellorar a atención dos pacientes; en tanto que promoven intervencións de beneficio probado e desaconsellan as menos efectivas.
O Sistema Público de Saúde de Galicia, a través da Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia (avalia-t), levou a cabo a publicación destas guías co fin de lograr unha maior efectividade clínica e un mellor rendemento dos recursos á hora de enfrontarse a estas dúas problemáticas.
| < Anterior | Seguinte > |
|---|