Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas BALIDEA acredítase como partner rexistrada de Enterasys Networks

BALIDEA acredítase como partner rexistrada de Enterasys Networks

Luns, 23 Xaneiro 2012 12:55

 

Continuando coa estratexia de alianzas tecnolóxicas emprendida nos últimos anos, e coa finalidade de poder ofrecerlle aos seus clientes as mellores ferramentas e produtos do mercado, BALIDEA vén de acreditarse como partner rexistrada de Enterasys Networks.

Provedora mundial de redes seguras para entornos corporativos, as solucións de Enterasys facilitan a xestión de infraestruturas de rede, permitindo despregar redes seguras baseadas en políticas e estándares de mercado que se integran en contornas moi heteroxéneas e operan sen problemas con equipos de múltiples fabricantes.

Esta certificación habilita a Balidea para mercar produtos e contratar servizos de mantemento de Enterasys Networks a través dos seus maioristas autorizados, así como a ofrecerllos ao seus clientes finais unha vez contratados. 

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76