Certificada a xestión da I+D+i en Balidea segundo a norma UNE 166002:2006
Martes, 20 Setembro 2011 20:04
Deste xeito, Balidea demostra o cumprimento dos requisitos do sistema de xestión I+D+i na empresa, o que lle permitirá facilitar a integración da I+D+i no sistema de xestión da organización e demostrar que esta inviste -e xestiona correctamente esa partida- en investigación, desenvolvemento e innovación.
A UNE 166002:2006 proporciona directrices para organizar e xestionar eficazmente a I+D+i na organización a partir dunha análise da situación tecnolóxica tanto interna como externa. Asemade, permite identificar e valorar as amenazas e oportunidades da evolución tecnolóxica, definir os obxectivos básicos das actividades de I+D+i e seleccionar e xestionar axeitadamente a carteira destes proxectos.
Balidea foi certificada nesta norma por AENOR, entidade que, a través do desenvolvemento de normas técnicas e certificacións, contribúe a mellorar a calidade e a competitividade das empresas, os seus produtos e servizos; axudando des forma ás organizacións a xerar un dos valores máis apreciados na economía actual.
A implantación e certificación desta norma foi cofinanciada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE); a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia; o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio; e polo Fondo de Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Innoempresa.
Con esta certificación, Balidea segue dando conta do esforzo que realiza no día a día por converter a calidade e a mellora continua dos seus servizos en elementos diferenciais que contribúan a pór en valor a súa actividade. Deste xeito, a UNE 166002:2006 intégranse agora con outras normas para os procesos de produción e xestión xa implantadas en BALIDEA, como é o caso da UNE-EN ISO 9001:2008, que certifica o Sistema de Xestión da Calidade; ou a obtención do Nivel 2 no modelo de madurez CMMI, que certifica a mellora e a avaliación dos procesos para o desenvolvemento, mantemento e operación de sistemas de software.
No ámbito da Responsabilidade Social Corporativa, BALIDEA conta coa UNE-EN ISO 14001:2004, que certifica a súa xestión ambiental e coa OHSAS 18001:2007, que equivale ao Certificado do Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde no Traballo. A estas últimas hai que engadir tamén a obtención do certificado de Validación de Declaración Ambiental do Sistema Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría (EMAS).
| < Anterior | Seguinte > |
|---|