Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas BALIDEA súmase ao grupo de patrocinadores de Borja Yribarren e Ignacio Otero

BALIDEA súmase ao grupo de patrocinadores de Borja Yribarren e Ignacio Otero

Xoves, 20 Maio 2010 00:00

Os profesionais do pádel Borja Yribarren e Ignacio Otero asinaron esta mañá nas oficinas de BALIDEA un contrato de sponsorización a través do cal a empresa se une ao grupo de patrocinadores que apoian a carreira deportiva dos xogadores coruñeses.

Mediante este acordo, a imaxe corporativa de BALIDEA queda vinculada á dun deporte que se atopa en constante crecemento e á dos actuais campeóns galegos de pádel, que destacan tamén como unha das mellores parellas do ránking internacional e que este ano poderían desputar o seu terceiro mundial.

Lorenzo Rodríguez e Óscar Vázquez, da dirección de BALIDEA, recibiron aos xogadores nas oficinas da empresa en Santiago de Compostela e aproveitaron a ocasión para trasladarlles o apoio de toda a organización de cara ao Campionato de España que comeza mañá en Madrid. Yribarren e Otero enfrontaranse nesa primeira xornada aos campións do encontro que desputarán Ángel Ruíz-Raúl Díaz e Raúl Arias-Juanjo Gutiérrez.

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76