Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas BALIDEA colaborará na actualización de datos dos Censos de Entidades Locais

BALIDEA colaborará na actualización de datos dos Censos de Entidades Locais

Venres, 30 Xullo 2010 12:55

O Consello de Contas vén de adxudicarlle a BALIDEA o desenvolvemento dunha aplicación web que permitirá a actualización dos datos de Censo das Entidades Locais de Galicia, o seu envío telemático e a carga de información nos sistemas actuais de explotación.

A finalidade desta aplicación é o mantemento permanentemente actualizado do Censo das Entidades Locais de Galicia, para o que cómpre obter de primeira fonte e de xeito sistemático os datos censais das propias entidades.

No marco da prestación deste servizo, BALIDEA colaborará co ente fiscalizador das contas do sector público galego no desenvolvemento, seguimento funcional e mantemento correctivo, evolutivo, perfectivo e adaptativo da devandita aplicación.

 

Alcance técnico e fácil accesibilidade

Cumprindo cos requisitos demandados, BALIDEA traballará para que o deseño web e o entorno sexan os máis familiares para aquelas/es usuarias/os xa acostumados a usar a aplicación e para que non teñan problemas de acesibilidade.

Cabe destacar a experiencia da empresa e dos profesionais ofertados no desenvolvemento de proxectos relacionados co alcance funcional e técnico obxecto deste concurso. Nel, empregaranse varias ferramentas que servirán de apoio ao desenvolvemento completo do proxecto.

Outros proxectos

BALIDEA xa ten colaborado co Consello de Contas de Galicia noutros proxectos:

  • Análise, deseño, desenvolvemento, implantación e mantemento de novos módulos do Sistema de Xestión para a Rendición de Contas para o Consello de Contas de Galicia. Arquitectura ASP, SGBD SQL Server, XML
  • Análise, deseño, desenvolvemento, implantación e mantemento do Sistema de Xestión para a Rendición da Información Adicional das Entidades Locais para o Consello de Contas de Galicia.
  • Aplicación distribuída ás entidades locais da CA de Galicia (Concellos, organismos públicos) para a xestión e envío da información adicional das súas contas. Arquitectura .NET, XML
  • Análise, deseño, desenvolvemento, implantación e mantemento do Sistema de Xestión de Aplicacións, Usuarios e Perfís para o Consello de Contas de Galicia. Aplicación web con Arquitectura .NET, SXBD SQL Server e XML
  • Análise, deseño, desenvolvemento, implantación e mantemento do Sistema de Explotación do Censo das Entidades Locais para o Consello de Contas de Galicia. Aplicación web con Arquitectura .NET, SXBD SQL Server e XML
   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76