A Universidade de Vigo confía a BALIDEA novos servizos para a súa web corporativa
Mércores, 21 Xullo 2010 11:20
A Universidade de Vigo xa traballou en colaboración con BALIDEA en varios proxectos anteriores con éxito; agora, despois do desenvolvemento e a posta en marcha do seu novo portal web corporativo (www.uvigo.es), publicado a principios deste mesmo ano, a nosa empresa segue traballando en colaboración coa entidade académica viguesa na mellora e estandarización dos desenvolvementos web da organización.
A web corporativa da Universidade de Vigo, aloxada no xestor de contidos Open CMS versión 7.5.2, estará provista de novas funcionalidades.
Melloras e novidades no portal
O equipo de BALIDEA dotará á páxina web dun maior alcance funcional. De acordo cos requirimentos especificados pola Universidade de Vigo, BALIDEA abordará os servizos de administración do campo de contidos, mantemento do portal e a administración trasversal do mesmo.
Este novo proxecto suporá unha optimización do rendemento da páxina, desenvolvemento de novos módulos e ferramentas dentro do portal tales como: a integración co LDAP corporativo da Universidade de Vigo, a mellora do motor de procura ou a mellora do control de idiomas das páxinas e a tradución automática mediante tradutores externos; incorporación de servizos de administración electrónica aos distintos grupos de usuarios do portal, auditoría e control de calidade dos contidos publicados, mellora na accesibilidade, diagnóstico e resolución de problemas de funcionamento de Hardware, Software, sistemas operativos e aplicacións, preparación de informes periódicos de incidencias e estado de funcionamento dos sistemas, etc.
Outros proxectos
Outros proxectos anteriores que BALIDEA desenvolveu para a Universidade de Vigo son:
| < Anterior | Seguinte > |
|---|