Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas A Secretaría Xeral de Medios publica o seu novo portal web

A Secretaría Xeral de Medios publica o seu novo portal web

Luns, 02 Agosto 2010 09:35

O órgano superior da Administración autonómica encargado de executar a política xeral da Xunta de Galicia en materia de comunicación e audiovisual, confiou en BALIDEA para a creación e posta en marcha do seu portal web (http://medios.xunta.es).

Ata a data, a Secretaría Xeral de Medios non contaba cun portal personalizado que lle permitise difundir os proxectos que abordaba. O equipo de BALIDEA encargouse das tarefas de análises, deseño, maquetación, desenvolvemento e implantación deste novo espazo.

Deseño personalizado, funcionalidade e fácil navegación

Cumprindo coas esixencias demandadas pola Secretaría Xeral de Medios, o portal está composto por diferentes seccións. A través da  portada podemos acceder aos últimos elementos dos apartados internos, así como contidos exclusivos desta zona.  Obxectivos, organigrama, proxectos, axudas e convenios, noticias e algúns elementos xerais (mapa web, declaración da accesibilidade do portal…) compoñen o resto do portal, que fan que teña unha gran funcionalidade.

O portal dispón tamén dun sistema RSS, que permite a subscrición, a aquelas/os usuarias/os interesadas/os, ás novidades da web.

BALIDEA colabora activamente na estratexia de comunicación na rede da Xunta de Galicia. Nos últimos tempos, desenvolveu portais e ferramentas web para diferentes organismos dependentes do goberno autonómico en diferentes tecnoloxías corporativas.

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76