Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas Ardán sitúa a BALIDEA no reducido grupo de empresas galegas ben xestionadas

Ardán sitúa a BALIDEA no reducido grupo de empresas galegas ben xestionadas

Mércores, 27 Xaneiro 2010 10:29

O 'Informe económico e de competividade 2009', que elabora o servizo Ardán do Consorcio da Zona Franca de Vigo, sinala que BALIDEA é unha unha das 453 firmas galegas que están dentro do parámetro de empresas 'ben xestionadas'. A cifra, que supón só o 2,3% da mostra analizada para este estudo (10.000 empresas galegas), dá conta do número de organizacións empresariais de Galicia que presentan uns bos parámetros de crecemento, rendibilidade, produtividade e liquidez, con valores que en todos estes casos se sitúan por encima da media do seu sector durante tres anos consecutivos.

O informe Ardán recolle, entre as características que mellor definen ás empresas 'ben xestionadas', que estas son equilibradas, sólidas e con excelentes capacidades directivas. Engade tamén que, non sendo necesariamente excelentes nun aspecto, estas firmas destacan por ser notables en practicamente todo.

O 'Directorio e informe económico e de competitividade Ardán 2009' conclúe que as empresas ben xestionadas de Galicia, malia supoñer só o 2,3% do total, representan en torno ao 7% dos ingresos e do valor engadido total e xeran dúas veces máis emprego que outras. Os seus ingresos medran a un ritmo medio do 17%, un valor moi superior ao do resto das empresas.

Compre destacar que na mesma edición desta publicación, que ten por obxecto ofrecer unha visión global e detallada da evolución da competitividade no tecido empresarial galego, BALIDEA acadou de novo -xa o fixera en 2008- o recoñecemento de empresa GACELA. Con el, distínguese a aquelas firmas que aumentan o seu volume de negocio de forma continuada, durante un período de polo menos tres anos consecutivos, e por encima do 25% de incremento anual durante cada un deles.

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76