Balidea Consulting & Programming

Inicio  
Todas as novas BALIDEA súmase á Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega

BALIDEA súmase á Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega

Mércores, 02 Decembro 2009 01:00

A Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega está integrada por empresas activas na realización do esforzo de I+D+I, organismos de investigación, centros tecnolóxicos e outras entidades comprometidas co progreso tecnolóxico da industria audiovisual de Galicia.

BALIDEA súmase a esta plataforma co fin de contribuír, xunto con todas as entidades que a conforman, a consolidar un foro aberto de traballo e colaboración entre os actores máis relevantes no sector tecnolóxico audiovisual de Galicia.

Dos cinco grupos de traballo cos que a Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega comezou a súa singradura, BALIDEA formará parte de dous, o de Formatos e Contidos Audiovisuais Interactivos e o de Sistemas Avanzados para a Produción e Xestión Audiovisual. O primeiro deles ten por obxecto favorecer a produción de novos formatos e contidos audiovisuais de entretemento, informativos, educativos e de servizo público, que aproveiten ao máximo as capacidades interactivas e de innovación dos novos medios dixitais. O segundo deles encargarase do desenvolvemento de aplicacións e servizos específicos para a industria audiovisual, baseados no uso das TIC.

Entre os obxectivos estratéxicos que i+dea se ten marcado, e cos que BALIDEA contribuirá a partir de agora, figuran a elaboración dunha visión consensuada sobre as prioridades de I+D+I do sector; o desenvolvemento dun programa de traballo que estimule o avance tecnolóxico do sector e a explotación das novas oportunidades de negocio; acadar unha maior colaboración, coherencia e masa crítica nas actividades de I+D+I que se promovan; ou inserir os obxectivos estratéxicos do sector nas organizacións e foros de influencia en materia de I+D+I.

i+dea. Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega Abre una nueva ventana

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76