BALIDEA obtén o certificado de Sistemas de xestión de servizos TI confome a ISO 20000
Mércores, 30 Decembro 2009 15:26
A Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) concede a BALIDEA o certificado de Sistemas de xestión de servizos de TI conforme a norma UNE-ISO/IEC 20000-1:2007.
Esta certificación permite ás organizacións demostrar a súa capacidade para ofrecer servizos de tecnoloxía da información xestionados coas mellores prácticas. Estas, correspóndense coas sinaladas pola Biblioteca de Infraestrutura de Tecnoloxías de Información (ITIL), o estándar máis recoñecido a nivel mundial para a xestión e operación da infraestrutura das TI. Con esta certificación BALIDEA demostra que dispón dos controis e procedementos axeitados para prestar un servizo de TI rendible e de calidade.
Ademais, esta nova certificación contribúe á aposta decidida da organización pola excelencia e a calidade nos servizos prestados, integrándose con outras normas de xestión xa implantadas en BALIDEA, como a UNE-EN ISO 9001:,20000 UNE-EN ISO 14001:2004, OHSAS 18001:2007 ou CMMI Nivel 2.
A certificación de AENOR de Servizos de TI ten unha vixencia de tres anos, aínda que durante este período realízanse auditorías anuais de seguimento para comprobar que se seguen cumprindo os requisitos da norma.
BALIDEA obtivo a certificación ISO 20000 a través do proxecto “Implantación y certificación de ISO 20000 en las pymes asociadas a INEO y a la AEI del portal calidaddelsoftware.com en 2008” (TSI-030200-2008-33), cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio -dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011- e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
| < Anterior | Seguinte > |
|---|