
Misión, Visión e Valores
Misión
A política e estratexia de BALIDEA persegue unha xestión orientada a lograr a plena satisfacción dos clientes cos servizos prestados, maximizando o valor da inversión que estes realizan nos servizos de consultoría de tecnoloxías da información e as comunicacións que contratan, sen perder de vista a satisfacción e compromiso do persoal coa realización de ditos servizos.
Visión
O noso compromiso coa calidade resúmese nunha actividade de mellora continua, un instinto de superación que abarca a toda a organización e que ten ao cliente como referente, sen esquecer o escrupuloso respecto ao medioambiente e a seguridade e saúde laboral. Neste senso BALIDEA ten implantados un sistema de xestión da calidade e outro de xestión ambiental, ao tempo que elabora con carácter anual unha Declaración Ambiental de conformidade cos requisitos do Regulamento Europeo (EMAS). Coa finalidade de pechar o círculo que entendemos chave na xestión diaria da nosa empresa, obtivemos tamén o Certificado do Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde no Traballo.
A calidade aplicada á execución dos procesos produtivos ten como referente a implantación e certificación do modelo de desenvolvemento de software CMMI, xestión de servizos TI segundo a norma UNE/IEC ISO 20000:2007, xestión da seguridade da información segundo a norma UNE/IEC ISO 20001:2007 ou a norma de excelencia na I+D+i segundo UNE 166001:2002.
Valores
O marco de referencia que inspira e regula a vida de BALIDEA está composto por:
A cultura de BALIDEA, compartida por todos o seus profesionais, supón: