
BALIDEA en números
En BALIDEA recoñecemos aos nosos clientes como un elemento fundamental, e así o manifestamos na nosa visión e valores; por iso, deseñamos os servizos que prestamos de acordo coas necesidades e expectativas dos mesmos. Para profundizar no coñecemento destas necesidades, utilizamos a investigación de mercado, enquisas e outros métodos para recabar información que poida ser de utilidade no desenvolvemento das nosas actuacións. A continuación figura unha tabla comparativa da evolución de BALIDEA nos últimos cinco anos (número de empregados/as e facturación):
| Exercicio | Nº Empregados/as | Facturación |
|---|---|---|
| 2009 | 105 | 2.953.725,95 |
| 2008 | 83 | 2.439.913,23 |
| 2007 | 52 | 1.829.528,51 |
| 2006 | 35 | 1.200.000,00 |
| 2005 | 22 | 560.000 |
O exercicio de 2009 supuxo para BALIDEA a súa consolidación no mercado, alcanzando ao peche do ano unha facturación de 2,95 millóns de euros e posicionándose así como unha das primeras empresas galegas de consultoría no sector das tecnoloxías da información e da comunicación.
BALIDEA foi recoñecida coma empresa GACELA segundo a clasificación establecida pola publicación ARDÁN Galicia 2008. As empresas "gacela" son aquelas que aumentan o seu volumen de negocio de forma continuada, durante un período de ao menos 3 anos consecutivos, por encima do 25% de incremento anual durante cada un deles.