Balidea Consulting & Programming

BALIDEA
Inicio  
Áreas de negocio Consultoría e Desenvolvemento

Consultoría e Desenvolvemento

BALIDEA proporciona servizos de desenvolvemento tecnolóxico, o que significa poñer a disposición dos nosos clientes o coñecemento e experiencia no ámbito das novas tecnoloxías.

Estas actividades abranguen desde a análise e o deseño das solucións TIC a problemáticas concretas, ata a implantación e mantemento correctivo, adaptativo, perfectivo e evolutivo das solucións propostas.

A ampla experiencia obtida por BALIDEA e polos seus profesionais permítenos ofrecer aos nosos clientes os profesionais máis axeitados e adaptados ás necesidades de cada cliente e a cada área de coñecemento. Os profesionais de BALIDEA colaboran cos equipos de traballo dos nosos clientes, asumindo os seus obxectivos e poñendo á súa disposición a súa propia experiencia e o asesoramento completo da nosa organización.

No ámbito metodolóxico, BALIDEA aplica diferentes normas de calidade en función das necesidades do cliente e do proxecto (ISO 9001:2000, CMMI, UNE 166002:2006, UNE/IEC ISO 27001:2007 ou UNE-ISO/IEC 20000-1:2007).

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76