Balidea Consulting & Programming

Home  
All the news Balidea convértese en membro de Open Virtualization Alliance

Monday, 12 September 2011 00:00

Integrada xa por máis de 200 organizacións a nivel mundial, OVA conta con socios que proveñen de varias liñas de negocio como hardware, software, servizos e cloud computing. Entre as grandes organizacións que a integran atópanse empresas de alta tecnoloxía, algunhas moi relacionadas co desenvolvemento de Linux, outras relacionadas coa computación na nube e outras cuxa principal liña de negocio son as plataformas de servizos informáticos baseados na web. Red Hat, HP, IBM, Intel, BMC Software, Eucalyptus y SUSE, que son os seus membros fundadores, crearon o grupo en maio deste ano.

Entre as súas liñas de traballo principais, OVA está a promover casos de éxito de clientes, incentivando a interoperabilidade e acelerando a expansión do ecosistema de solucións de terceiros focalizadas en KVM. Deste xeito, proporciona boas prácticas e asesoramento técnico para que as empresas comprenda e avalíen as súas opcións de virtualización.

Como membro de OVA, Balidea ten previsto dar soporte á virtualización e participar no desenvolvemento en KVM para, deste xeito, poder ofrecerlle aos seus clientes a posibilidade de optar por solución de virtualización e cloud axeitados ás necesidades das súas organizacións. Do mesmo xeito, Balidea contribuirá a fomentar a adopción de KVM como unha alternativa de virtualización aberta e participará en  iniciativas de fomento desta infraestrutura a nivel internacional. 

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76