Wednesday, 18 August 2010 13:51
Amais da súa contribución ao desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia e ao feito de ter colaborado na modernización tecnolóxica de numerosas organizacións, tanto da administración pública como da empresa privada, BALIDEA, nun contexto de crise como o actual, valora de xeito moi especial o feito de ter creado máis de 100 postos de traballo netos neste perÃodo, máis do 50% deles nos dous últimos anos.
Na liña dos obxectivos estratéxicos que se ten marcado, BALIDEA, con sede en Santiago de Compostela, alcanza o seu oitavo aniversario cunha facturación superior aos 3 millóns de euros no último exercicio. Con todo, e logo destes oito anos, a Dirección amósase especialmente satisfeita polos logros acadados en materia de Responsabilidade Social Corporativa e de aposta pola excelencia, a mellora continua e a I+D+i.
Carlos Segade, responsable de BALIDEA, incide especialmente no feito de que a empresa teña pechado todos os seus exercicios cun incremento do cadro de traballadores/as. Só no que vai de ano, a empresa creou 32 novos postos de traballo, o que “ten aÃnda unha maior significación nunha conxuntura económica como a actual e nos permite ser optimistas de cara ao futuro”. Entre os obxectivos do plan estratéxico da empresa para o perÃodo 2009-2012 está o de pechar esta etapa duplicando os postos de traballo creados ata a data e de facelo, ademais, “na mesma liña que vimos mantendo desde a creación da empresa, xerando emprego estable, de calidade e fortalecendo un cadro de persoal cada vez máis consolidado, formado e interdisciplinar”, afirma Carlos Segade. BALIDEA dispón ademais dun equipo humano cunha media de idade moi nova, un incentivo que, segundo o seu responsable, “nos confire ilusión por abrirnos camiño e situarnos como unha das empresas punteiras do sector das tecnoloxÃas da información e das comunicacións en España”.
O equipo directivo de BALIDEA é consciente da relación directa que existe entre a satisfacción dos traballadores e traballadoras da empresa e a dos seus clientes, de aà que xa teña dado importantes pasos en materias como a seguridade e saúde laboral; plans de formación; conciliación da vida persoal, familiar e laboral… aos que en breve se engadirán outros beneficios sociais que se están perfilando. Boa parte destas melloras xa están recollidas no anterior Plan de Responsabilidade Social de BALIDEA, mentres que outras novas quedarán incluÃdas na súa actualización, na que se está a traballar este ano.
Estabilidade laboral para mellorar a confianza e a produtividade
A estabilidade laboral do equipo de traballo é un dos principios que rexe a xestión empresarial de BALIDEA. Nestes momentos a porcentaxe de contratos cunha duración indefinida é do 100%. A estes hai que engadir os/as 14 bolseiros/as que, neste momento, están a recibir formación nas instalacións da empresa. Para estes últimos, BALIDEA deseña plans de carreira profesional individualizados a través de convenios de colaboración coas tres universidades galegas.
O obxectivo é integrar os recén titulados na dinámica de traballo da organización, a través de proxectos que faciliten a súa incorporación e posterior proxección interna. Ponse asà de manifesto o compromiso da empresa coa incorporación de novos valores ao seu equipo humano. Tal e como afirma Carlos Segade, “a estabilidade laboral dá confianza aos traballadores, o noso principal activo, e a súa satisfacción fai que medre tamén a súa produtividade e polo tanto o nivel de calidade do traballo. Isto facilita o desenvolvemento continuo da empresa e mellora a confianza dos nosos clientes no que facemos”.