Thursday, 12 August 2010 13:25
Como adxudicataria do servizo de desenvolvemento e evolución dos sistemas web da ConsellerÃa de Facenda, BALIDEA vai poñer a disposición do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financieira e Contabe (CIXTEC) os/as profesionais e medios técnicos necesarios para satisfacer as demandas informativas e de novos servizos de e-Administración da cidadanÃa galega.
No que atinxe ao portal web de Facenda, a colaboración de BALIDEA con este departamento centrarase nunha serie de necesidades detectadas por este último. Entre elas, o persoal de BALIDEA asignado ao proxecto participará na definición dunha metodoloxÃa de traballo orientada á promoción de contidos web do portal (publicación de novos servizos, estrutura e organización das diferentes seccións…), afrontando ademais todos os traballos precisos para unha correcta evolución destes contidos. Asà mesmo, acometerá a renovación, tanto gráfica como de estrutura, dos contidos –actuais e novos- da web do CIXTEC, facéndoa compatible co portal da ConsellerÃa.
Atendendo aos requisitos formulados pola ConsellerÃa de Facenda, BALIDEA colaborará tamén na implantación de novos servizos e módulos no portal web, tales como un sistema de lectura automático para facilitar o acceso á información a persoas co problemas visuais; un sistema de envÃo de alertas; un módulo de envÃo de consultas, queixas e suxestión ou un sistema de recepción de reclamacións. Neste último caso, e a través dun sistema de consulta que se habilitará a tal efecto, a cidadanÃa poderá seguir a evolución da súa reclamación.
A ampliación das funcionalidades ofertadas na actualidade dentro do módulo de poxas habilitado na web -incluÃndo un estudo de viabilidade da creación dun sistema de poxas on-line-, asà como a posta en marcha doutro módulo que permita facer un seguimento de todos os eventos relacionados coa ConsellerÃa de Facenda serán outras das tarefas que BALIDEA levará a cabo dentro deste proxecto.
No que respecta aos servizos virtuais xa dispoñibles na Oficina Virtual de Facenda, BALIDEA abordará os traballos necesarios para aplicar a imaxe corporativa ao conxunto destes servizos, creando tamén un punto de acceso único para todos eles e definindo unha arquitectura de base para a implantación doutros novos.
No marco da prestación deste servizo, BALIDEA, ademais de garantir o cumprimento da normativa vixente en materia de Accesibilidade, adaptará todas as aplicacións desenvoltas de forma que se poida garantir tamén o acceso á maior cantidade posible de plataformas tecnolóxicas.