Friday, 30 July 2010 12:55
O Consello de Contas vén de adxudicarlle a BALIDEA o desenvolvemento dunha aplicación web que permitirá a actualización dos datos de Censo das Entidades Locais de Galicia, o seu envÃo telemático e a carga de información nos sistemas actuais de explotación.
A finalidade desta aplicación, é o mantemento permanentemente actualizado do Censo das Entidades Locais de Galicia, para o que cómpre obter de primeira fonte e de xeito sistemático os datos censais das propias entidades.
No marco da prestación deste servizo, BALIDEA colaborará co ente fiscalizador das contas do sector público galego no desenvolvemento, seguimento funcional e mantemento correctivo, evolutivo, perfectivo e adaptativo da devantida aplicación.
Alcance técnico e fácil accesibilidade
Cumprindo cos requisitos demandados, BALIDEA traballará para que o deseño web e o entorno sexan os máis familiares para aqueles usuarias/os xa acostumados a usar a aplicación e non teñas problemas de acesibilidade.
Cabe destacar a experiencia da empresa e dos profesionais ofertados no desenvolvemento de proxectos relacionados co alcance funcional e técnico obxecto desta demanda. Nel se empregarán varias ferramentas que servirán de apoio ó desenvolvemento completo do proxecto.
Outros proxectos
BALIDEA xa ten colaborado co Consello de Contas de Galicia noutros proxectos: