Monday, 26 July 2010 10:35
Seguindo coa estratexia de alianzas tecnolóxicas emprendida nos últimos anos, e coa finalidade de poder ofrecerlle aos seus clientes as mellores ferramentas do mercado, BALIDEA vén de asinar un acordo polo que pasa a converterse en partner de AgilePoint, unha suite BPM (Business Process Management System) cuxa arquitectura está completamente baseada no framework .NET de Microsoft.
Con motivo desta alianza, a empresa pon a disposición das organizacións coas que vén colaborando o coñecemento adquirido sobre esta ferramenta, coa que xa levou a cabo algún proxecto con éxito.
Trala sinatura do acordo que BALIDEA compartirá con AgilePoint, e a través do cal a empresa consolida a súa colaboración con este fabricante, poñémonos agora a disposición de todas aquelas organizacións que desexen obter máis información sobre as caracterÃsticas e vantaxes da integración desta ferramenta nos seus proxectos.
Excelencia e axilidade nos procesos
AgilePoint permite a implementación dun Sistema de Xestión de Procesos de Negocio facilitando o desenvolvemento, xestión e mellora continua dos mesmos e integrando as actividades de provedores, empregados, clientes, partners e sistemas. Trátase dunha solución de BMP segura, confiable e ao alcance de calquera organización que procure excelencia e axilidade para os seus procesos.
A implementación dun BPMS como AgilePoint supón un proceso de mellora continua para unha organización. Entre os seus elementos diferenciadores poden destacarse os curtos prazos necesarios para a súa posta en marcha ou a axilidade que presenta para efectuar cambios nas definicións dos procesos de negocio. As súas solucións para a xestión de procesos xa foron empregadas, con exitosos resultados, en organizacións de diferente tamaño e con actividade en sectores moi diversos (finanzas, comunicacións, saúde, enerxÃa…).