Balidea Consulting & Programming

Home  
All the news BALIDEA colaborará co SERGAS na implantación das políticas definidas no proxecto Ágora

Tuesday, 06 July 2010 20:05

O desenvolvemento de servizos sanitarios en liña para mellorar a información á cidadanía, o incremento da eficiencia, da transparencia e da participación ou o intercambio de información e coñecemento, tanto dentro da propia organización como entre os diferentes niveis asistencias. Estas son algunhas das finalidades que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) ten definido no proxecto Ágora, marco das políticas, ferramentas e procesos cos que este organismo agarda conseguir os obxectivos sinalados e cuxa implantación se desenvolverá en colaboración con BALIDEA.

Na prestación deste servizo por parte da empresa, están contempladas todas as tarefas de desenvolvemento de compoñentes, implantación, soporte e formación asociadas á posta en marcha das políticas Ágora. Concretamente, BALIDEA colaborará no desenvolvemento e implantación da promoción, categorización e taxonomía aplicables aos diferentes sitios web e portais con fin de homoxeneizar contidos; de sitios web, coa posibilidade de promover contidos a portais de interese máis xeral; dos portais que sexan alimentados desde os diferentes sitios web e dos procedementos que permitan axilizar os procesos definidos nas políticas do portal.

Para o desenvolvemento e implantación destas tarefas BALIDEA acometerá a revisión das contornas e ferramentas actualmente dispoñibles, compilando a documentación ou procedementos que existen sobre os mesmos e complementándoos cando sexa necesario. Ademais, e segundo as políticas definidas no proxecto, encargarase de seleccionar as ferramentas que van dar soporte ao mesmo e os indicadores que se obterán dos portais e sitios web –de entre os definidos en Ágora-, de documentar e implantar os procedementos de mantemento e xestión da plataforma web e de apoiar ao persoal técnico do SERGAS na instalación e configuración de servidores.

Para dar soporte a este proxecto, garantindo os niveis adecuados de integración, calidade e seguridade, BALIDEA implantará a infraestrutura necesaria conforme aos estándares tecnolóxicos definidos no ámbito da Consellería de Sanidade e do SERGAS.

Xeración e difusión de coñecemento para unha mellora dos servizos

Coa colaboración de BALIDEA, o SERGAS porá en marcha as metodoloxías e procesos definidos en Ágora para facilitar o uso da tecnoloxía por parte dos e das profesionais encargados de xerar e difundir coñecemento a través dos seus portais.

Agardase así, facilitar a posta en marcha de iniciativas de traballo en grupo que permitan xerar novos contidos e servizos, garantido a participación activa dos e das profesionais encargados da creación e difusión dos mesmos; simplificar os procesos de desenvolvemento e implantación das ferramentas precisas para tales fins e posibilitar a difusión dos resultados dos diferentes grupos de traballo, co fin de xerar coñecemento para toda a organización.

Entre outras accións, a implantación de Ágora contempla a creación dunha intranet e web con contidos e servizos de maior calidade, máis accesibles e máis centrados nas demandas e intereses dos seus usuarios e usuarias que na propia estrutura organizativa do SERGAS.
Coa adxudicación deste servizo, o SERGAS volve a confiar en BALIDEA como socia tecnolóxica. A implantación das políticas Ágora súmase deste xeito a outros proxectos cos que a empresa ten abordado nos últimos anos para colaborar co departamento que xestiona a asistencia sanitaria pública de Galicia.

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76