Friday, 23 April 2010 13:14
O Concello de Oleiros, nun novo proxecto de modernización da súa administración a través das tecnoloxÃas da información e da comunicación, volve a confiar en BALIDEA para a prestación dun servizo de asistencia técnica que permitirá a posta en marcha e a atención, por parte de persoal especializado, dun teléfono de información cidadá.
Coa implantación deste servizo, o Concello de Oleiros quere poñer a disposición de todos os seus veciños e veciñas unha ferramenta de comunicación áxil e eficaz que permita a resolución de dúbidas e/ou a presentación de queixas e suxestións sen necesidade de desprazamentos nin colas e practicamente en tempo real. A diversidade dos temas obxecto de consulta é unha das vantaxes máis relevantes que presentará o teléfono de atención cidadá, a través do cal se achegará información referida tanto aos servizos municipais que son competencia do Concello como a aqueles outros servizos públicos e cuestións de interese veciñal que atinxan ao termo municipal e á área metropolitana da Coruña.
En función do grao de dificultade da pregunta realizada, o persoal especializado que se encargará da atención telefónica directa responderá ás cuestións que expoñan os cidadáns e cidadás de Oleiros ben de xeito directo, ben a través dos diferentes departamentos da administración municipal ou, no caso das consultas máis especializadas, coa achega dunha resposta nun prazo non superior a 48 horas. Este servizo, mellorado por BALIDEA en cuestións como o incremento do tempo de atención ao público, prestarase durante 12 horas de luns a venres e 6 horas os sábados.
BALIDEA deseñará un sistema aberto que permita unha evolución e mellora constante do servizo ofertado e, co fin de mellorar a produtividade do mesmo e alcanzar a calidade desexada, realizará tamén un estudo estatÃstico do tipo de distribución dos tempos de espera nas colas que se poidan producir dentro do servizo ofertado, permitindo asà a posibilidade de axustar os recursos e a distribución dos mesmos. Asà mesmo, a empresa emitirá informes diarios nos que quedarán recollidas, ordenadas e sistematizadas as queixas e suxestións que poida presentar a cidadanÃa a través do teléfono do veciño/a.
Coa prestación deste servizo, BALIDEA -que traballa tamén na renovación do portal web actual, no deseño e desenvolvemento da Intranet corporativa e no Portal do Empregado da mesma administración-, colabora de novo co Concello de Oleiros para potenciar, mediante o uso das TIC, as súas canles de comunicación coa cidadanÃa.