Tuesday, 13 April 2010 11:35
BALIDEA vén de participar na posta en marcha dun novo espazo da web do Servizo Galego de Saúde, o da Escola Galega de Saúde para a CidadanÃa, orientado á formación de doentes, familias e cidadanÃa en xeral en materia de saúde.
En colaboración coa Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial do Servizo Galego de Saúde, o equipo de BALIDEA abordou as tarefas de análise, deseño, maquetación, desenvolvemento e implantación deste novo espazo.
Con esta incorporación, o Servizo Galego de Saúde amplÃa a oferta informativa do seu portal, ao tempo que dá un paso máis no desenvolvemento da administración electrónica e no proceso de renovación e actualización do seu portal web, cuxa publicación e administración se desenvolve en colaboración co servizo de asistencia técnica de BALIDEA.
O espazo da Escola Galega de Saúde para a CidadanÃa nace co obxectivo de converterse nunha rede de xestión de coñecemento entre profesionais, pacientes, xestores sanitarios, persoas expertas en procesos de saúde e de enfermidade e a cidadanÃa en xeral. Servirá, ademais, como lugar de encontro no que compartir experiencias sobre os procesos de enfermidade e promover a saúde.
Este espazo virtual foi creado tamén para que as asociacións de pacientes dispoñan dun lugar onde poderán aloxar as súas páxinas web, ou a través do cal difundir a súa actividade no caso de non contar cun sitio propio en Internet. Asemade, incorpora, entre outras novidades, un foro onde especialistas en distintos temas contestarán on-line ás preguntas que se lles envÃen os usuarios e usuarias do portal dende calquera lugar.
O Servizo Galego de Saúde pretende xerar a través da Escola Galega de Saúde unha comunidade de persoas –cidadanÃa e profesionais sanitarios- que achegue o seu coñecemento para axudar e formar a outros pacientes que se atopen na mesma situación clÃnica, favorecendo asà a participación cidadá na mellora do sistema de saúde. Para acadalo, incorpora unha serie de servizos telemáticos e ferramentas (blogs de usuarios/as, boletÃn de experiencias...) que fomentarán a participación e a achega de suxestións e opinións.
A publicación deste espazo vén a sumarse á longa lista de colaboracións entre o Servizo Galego de Saúde e BALIDEA, que ten participado xa como socia tecnolóxica do primeiro en proxectos como a posta en marcha do Portal Colaborativo Bibliosaúde ou a implantación de sistemas como o de Xestión de Listas de Vinculacións Temporais, de Consulta de Listas de Espera ou de Notificación Obrigatoria de Enfermidades, entre outros.