Wednesday, 10 March 2010 18:42
As Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira de Galicia coñeceron hoxe unha nova aplicación informática de xestión que lles permitirá conectarse á base de datos oficial para levar o control sanitario das explotacións e manter actualizados os datos dos animais. Trátase do Sistema para a Xestión Integral dos Programas Sanitarios das ADSG, unha ferramenta da ConsellerÃa de Medio Rural en cuxo desenvolvemento participou BALIDEA.
A maiores disto, e a través da conexión coa base de datos do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (LASAPAGA), esta aplicación vaille permitir aos servizos técnicos veterinarios das ADSG xestionar tanto o envÃo de mostras a este organismo como a recepción dos resultados obtidos.
A ferramenta servirá ademais para levar un rexistro da contabilidade das entidades, das súas facturas, cotas de socios/as..., asà como para xerar informes e memorias. Deste xeito, será posible expedir certificacións para os movementos que se produzan no ámbito dos programas sanitarios ou contabilizar, en relación cos mesmos, as compras e as facturas de cada explotación.
Co fin de minimizar os problemas que puidesen derivarse da falta de rede en determinadas zonas do rural, parte deste sistema está desenvolvido a través dunha aplicación de escritorio. Con todo, incorporará tamén un portal web que as ADSG, mediante certificación dixital, poderán empregar para solicitar as axudas que teñen ao seu dispor. O portal servirá tamén para que o persoal de administración da ConsellerÃa consulte as actividades levadas a cabo polas ADSG e xestione as devanditas axudas.
Os/as representantes das agrupacións que acudiron á presentación desta ferramenta tiveron ocasión de comprobar como realizar na práctica a consulta de información dunha ADSG, a obtención da información do Sistema Integrado, o rexistro dunha actuación de recollida de mostras para varios animais, o envÃo de mostras ou o rexistro dun albará e da súa correspondente factura.
Entidades clave no eido da sanidade animal
As Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira de Galicia son asociacións constituÃdas polos propios gandeiros e gandeiras para elevar o nivel sanitario e zootécnico das súas explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita fronte ás enfermidades animais e mellora das condicións hixiénicas.
Actualmente existen en Galicia un total de 95 entidades recoñecidas, que agrupan a máis de 12.000 explotacións das diferentes especies animais, cunhas porcentaxes de censo de gando integrado próximo ao 40% no caso do gando vacún e ao 90% no caso do gando porcino.