Balidea Consulting & Programming

Home  
All the news AIMEN convida a BALIDEA a participar nunha xornada sobre innovación empresarial

Thursday, 04 March 2010 11:36

BALIDEA é unha das cinco empresas galegas escollidas por AIMEN para participar na xornada ‘UNE 166002. Motor de innovación’, que se desenvolverá o 17 de maio na sede que o Centro Tecnolóxico ten no concello do Porriño, e na que tamén participarán as firmas Moblegal, Portomuiños, Hijos de Rivera e Dinak.

A celebración desta xornada enmárcase no proxecto DINAMIZA, co que AIMEN puxo en marcha un proceso de implementación de sistemáticas de xestión específicas da I+D+i nun grupo piloto de empresas galegas, e cuxos resultados se darán a coñecer ao remate do evento. Coa celebración desta xornada, que se centrará nas prácticas que facilitan a innovación das organizacións empresariais, AIMEN quere recompilar os coñecementos e técnicas empregadas por empresas galegas para mellorar a sistematización da innovación e facelo, ademais, deixando que sexan estas últimas as que as expoñan os seus propios casos.

Neste sentido BALIDEA, que estará representada na xornada polo seu director comercial, Carlos Segade, achegará a súa experiencia sobre ‘A importancia das TIC na xestión dos proxectos’.

I+D+i, a aposta de BALIDEA

As intervencións dos/as representantes do resto de empresas que participarán na xornada de AIMEN centraranse en cuestións como a identificación e a análise dos problemas e oportunidades, a relevancia da innovación na estratexia empresarial ou a experiencia na certificación da UNE 166002. Precisamente, BALIDEA atópase neste momento na fase de definición desta norma, que establece os requisitos da xestión das actividades de I+D+i.

A través deste sistema de xestión, conforme á UNE 166002, BALIDEA quere potenciar a formación, implicación e motivación do seu equipo, estimulando a xeración de ideas susceptibles de ser transformadas en proxectos de I+D+i que teñan un valor engadido no mercado e que redunden nunha mellora tecnolóxica da súa actividade e, en consecuencia, da súa capacidade para competir.

   
  • Edificio Witland. Rúa dos Camiños da Vida s/n. baixo 15705 Compostela (A Coruña) Tel.: 981 93 78 76