Xa está en funcionamento a Librería Institucional de Galicia, plataforma desenvolvida por BALIDEA

Xa está en funcionamento a Librería Institucional de Galicia, plataforma desenvolvida por BALIDEA

A través deste novo servizo poderanse consultar todas as publicacións da Administración autonómica e centralízase a comercialización e distribución dos fondos bibliográficos.

O pasado 27 de abril a Libraría Institucional de Galicia foi presentada polo consellerio de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e maila directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), Mar Pereira.

Trátase dunha plataforma virtual desenvolvida desde BALIDEA a través da cal a Administración autonómica concentra todo o seu fondo editorial e pono á disposición do conxunto da cidadanía e das librarías.

A libraría.xunta.gal proporciona unha canle de comercio online da Administración autonómica, onde é posible a adquisición de publicacións da Xunta de Galicia por parte das librarías e outros establecementos e puntos de venda. Trátase dunha peza máis da estratexia da Xunta para a dixitalización, catalogación, promoción e difusión do contido e patrimonio cultural galego.

Plataforma electrónica aberta ao conxunto da cidadanía

A Libraría Institucional funciona a través dunha plataforma electrónica a través da cal, todos os cidadáns e librarías  teñen acceso aos seus contidos e servizos.

Así mesmo, a través desta plataforma centralízase a distribución e comercialización do seu fondo editorial tanto en formato físico coma electrónico.

Ás publicacións gratuítas tan só se aplicarán gastos de transporte en caso de que se solicite o seu envío físico, e as publicacións venais (de pago) manterán o seu PVP.

As persoas interesadas nunha publicación venal (libro, folleto, revista,…) poderán realizar o pagamento a través do propio web ou a través do sistema de pagamento mediante transferencia bancaria. En canto a plataforma lle confirme a corrección do pagamento ao usuario/a, este poderá descargar a publicación ou seralle remitida ao seu domicilio.

O deseño da páxina da Libraría está adaptada para o seu uso nos dispositivos móbiles e tabletas.

A día de hoxe, no catálogo xa están cargadas preto de 750 publicacións posteriores ao ano 2010 e ata actualidade. Porén, está previsto ir incorporando á plataforma todas as publicacións anteriores a 2010 das que existan exemplares para a súa distribución.

Comparte este post: