Continuando coa estratexia de alianzas tecnolóxicas emprendida nos últimos anos, e coa finalidade de poder ofrecerlle aos seus clientes as mellores ferramentas e produtos do mercado, BALIDEA vén de acreditarse como partner rexistrada de Enterasys Networks.
A directora xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, Ana Díaz López, acompañou esta mañá ás persoas que completaron as dúas accións formativas dirixidas a desempregados/as que, co apoio deste departamento, se impartiron en Balidea nos últimos meses.
AENOR vén de certificar o sistema de xestión da I+D+i de BALIDEA conforme á norma UNE 166002:2006.
O servizo de urxencias do Hospital Policlínico A Rosaleda acaba de poñer en funcionamento 'Acompaña', un servizo pioneiro que foi deseñado e desenvolvido polas empresas Balidea e FBA Consulting e que permitirá aos familiares as persoas que ingresen neste servizo coñecer os tempos estimados de espera e a localización exacta dos pacientes. Desta forma, familiares ou outros acompañantes saberán en todo momento qué tipo de probas se lle están a realizar aos pacientes e tamén o tempo aproximado de espera para cada unha delas.
Balidea forma parte desde hoxe da Open Virtualization Alliance (OVA), un grupo que busca fomentar a adopción de tecnoloxías de virtualización aberta que inclúan máquinas virtuais baseadas en Kernel Virtual Machine (KVM).