Servizos

Servizos

redes, sistemas, bases de datos...

Fóra do ámbito TIC e grazas ao coñecemento adquirido en proxectos de soporte, Balidea desenvolveu unha nova liña de negocio con servizos de atención ao usuario: call center, contact center, services desk, centros de atención ao cliente/usuario, etc.

Para levar a cabo esta actividade dispoñemos de instalacións propias, cun avanzado conxunto de sistemas informáticos e de telecomunicacións, e contamos cun grupo de traballo encargado da xestión profesional e das relacións e a comunicación entre o cliente e as persoas usuarias do servizo prestado.

En Balidea ofrecemos a institucións e empresas privadas toda a gama de servizos de call center, desde a recepción e emisión de chamadas, ata a atención de queixas e suxerencias, recepción de pedidos, consutas de asesoramento, actualización de bases de datos, etc.

Estes servizos tamén se poden externalizar de forma que sexan prestados nas instalacións propias do cliente, como no caso do prestado no Consulado Portugués en Londres.

Podes consultar no noso portfolio os proxectos deste tipo que desenvolvemos.