
Profesionais
Un dos principais valores de BALIDEA son as persoas que traballan diariamente co único obxectivo de ofrecer aos clientes un servizo de consultoría, no ámbito das Tecnoloxías da Información e as comunicacións, da mellor calidade posible. A evolución dos servizos constitúe un reto para os profesionais de BALIDEA por mellorar a súa capacidad profesional e achegar valor no seu desempeño diario. Requírense actitudes que se atopen inmersas na cultura empresarial de BALIDEA: unha forte predisposición á mellora continua, orientación á comunicación, iniciativa, innovación e motivación, para que o traballo sexa fonte de satisfación para os usuarios dos desenvolvementos realizados e para os clientes finais de BALIDEA.