SABIUS

 

SABIUS: Sistema avanzado de baixo custo e fácil manexo baseado en nano-biosensores para a xestión da seguridade das augas de baño.

Orzamento: 703.376,42 €. Cofinanciado pola Unión Europea (Fondos FEDER) e a Axencia Galega de Innovación co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ata un importe de 359.577,47 €.

Convocatoria: CONECTA PEME 2016 (Procedemento IN852A)

Socios: Balidea Consulting & Programming (líder do consorcio), PROYFE, SL; CYE Control y Estudios, S.L.; INDROPS Laboratorio de análisis y calidad medioambiental, S.L.

Entidades subcontratadas: ITG (Instituto Tecnolóxico de Galicia)

Descrición: o proxecto SABIUS aborda a problemática da seguridade nas augas de baño, eliminando a necesidade de toma de mostras e transporte a laboratorio, a través de dous desenvolvementos:

• Un equipo portátil de baixo custo con capacidade de detección multiparamétrica
• Un sistema de información que mellore a xestión

Durante a anualidade 2018 (última do proxecto) finalizouse o desenvolvemento do prototipo e realizouse a súa validación. Completáronse os procedementos de toma e procesado de mostras e finalizouse o desenvolvemento da plataforma de xestión de augas de baño.

Proxecto cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través do programa Conecta PEME para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

 

Compartir: