Call Center Concello de Lugo

Poñemos a disposición do cliente un Servizo de Atención Telefónica á Cidadanía que actúa como elemento centralizador das consultas, solicitudes de información e tramitacións que a veciñanza dirixa ao Concello de Lugo, a través das diversas vías que a propia administración municipal habilita para tal efecto e cos seguintes obxectivos:

  • Servizo de Atención Telefónica á Cidadanía, adaptable a calquera cambio organizativo ou a novas necesidades do servizo, mediante a achega de todo o persoal necesario.
  • Apoio e asesoramento ás persoas usuarias do servizo naqueles trámites ou xestións que o Concello estableza.
  • Modelo de atención baseado en aspectos como a actitude dos profesionais dos servizos de información ante a cidadanía, a optimización dos tempos de resposta e a correcta cualificación dos propios profesionais que deben atender as demandas individuais.
  • Utilización dunha plataforma tecnolóxica integrada de voz e datos baseada nos estándares tecnolóxicos CTI do mercado, válida e suficiente para xestionar a demanda que se produza, segundo os niveis de servizo que se establecen.
  • Rexistro de todas as comunicacións e actuacións realizadas, facendo un seguimento das mesmas derivadas a outros servizos.
  • Provisión de estatísticas completas do nivel de cumprimento de servizo, así como informes de chamadas, consultas e xestións, agrupados por diferentes niveis ou conceptos, que permitan obter visións a distintos niveis de detalle, da actividade no Servizo de Atención Telefónica á Cidadanía.

 

Compartir:

Proxectos relacionadosTamén pode estar interesado nestes