O informe Ardán sitúa Balidea como empresa xeradora de riqueza

O informe Ardán sitúa Balidea como empresa xeradora de riqueza

Balidea aparece por primeira vez como empresa xeradora de riqueza no informe Ardán, o documento de referencia para coñecer o estado do tecido empresarial galego. A nosa empresa tecnolóxica recibe esta distinción xunto con outras 246 firmas das 18.235 rexistradas na comunidade. Entre os méritos para obter este indicador están o bo comportamento dos resultados económicos e a redución do custo dos recursos.

O propio director xeral de Balidea, Lorenzo Rodríguez, explica nesta publicación como se foi consolidando a estrutura de negocio ao longo destes 15 anos e analiza o proceso de expansión nacional e internacional da empresa e o enfoque ao produto da área de I+D+i.

Entrevista ao director xeral

Comparte este post: