
Mellora Continua
Dende os nosos comezos, en BALIDEA apostamos pola estandarización e a excelencia na prestacion de servizos, conseguindo ou, cando menos, intentando que a empresa como organización achegue valor a cada unha das nosas colaboracións.
Respectando esta filosofía BALIDEA ten implantadas e certificadas, ou en fase de certificación, distintas normas de calidade e modelos de traballo co fin de xestionar todos os seus procesos operativos, tanto productivos como de xestión. Recóllese neste apartado unha breve descripción das normas máis destacadas e da súa aplicación. No seguinte cadro identifícanse as normas en cuestión e amósase a situación actual.