RSC

Recibimos ao Balidea Obradoiro tras revalidar o título de Campión Galego

Este martes 21 de xuño recibimos na nosa sede central de Santiago de Compostela ao  Balidea Obradoiro, de novo campión galego na categoría cadete. O equipo da canteira do Monbus Obradoiro realizou un papel inmellorable nesta tempada, do que sentimos un grande orgullo como patrocinadores. Así o remarcou o director das categorías base, Camilo Riveiro: “O equipo traballou moito. Empezamos a un nivel e fomos subindo, cumprindo obxectivos e crecendo. O traballo foi moi bo”.

ler máis

Balidea patrocina ao campión galego júnior de tenis

Fieis á nosa responsabilidade social corporativa,  en Balidea continuamos mostrando o noso apoio ao deporte local patrocinando á promesa do tenis galego, Saúl  Berdullas, que acaba de proclamarse campión autonómico júnior.

ler máis

Recibimos o Balidea Obradoiro, campión galego e oitavo no Campionato de España Cadete

Recibimos na nosa sede central de Santiago de Compostela ao Balidea Obradoiro, campión galego na categoría cadete e oitavo no Campionato de España. O equipo da canteira do Mombus Obradoiro realizou un papel inmellorable nesta tempada, do que sentimos un gran orgullo como patrocinadores.

ler máis

Un ano de Encontros de Ideas

Hai xusto un ano que lanzamos un espazo para compartir cos nosos traballadores e traballadoras un modelo de charlas diferentes, máis centradas na procura do benestar persoal e a saúde, para  abstraernos momentaneamente do ámbito tecnolóxico. En pleno confinamento, aínda con moitas incertezas sobre que era aquilo da Covid-19 e da pandemia, iniciamos os nosos Encontros de Ideas, un espazo para reflexionar sobre o  autocuidado mentres tomamos tranquilamente un café.

ler máis

Balidea cos Bancos de Alimentos

En  Balidea retomamos a nosa colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (Fesba). Como este ano é inviable organizar unha recollida de alimentos nas nosas oficinas, sumámonos á súa Gran Recogida Online cunha achega económica de 650€, un 15% máis que a nosa última doazón a esta organización.

ler máis

Balidea súmase un ano máis á campaña En Negro Contra As Violencias

O 25 de novembro celebrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e dende 2015 a plataforma En Negro Contra As Violencias organiza diferentes accións colectivas de sensibilización social contra as violencias machistas.

ler máis

Monbus Obradoiro presenta en Balidea á súa nova fichaxe Kassius Robertson

O Monbus Obradoiro continúa presentando ante os medios as novas caras do equipo. Este xoves foi a quenda do escolta Kassius Robertson, e a súa presentación celebrouse nas oficinas centrais de Balidea.

ler máis

Balidea súmase ao loito oficial polas vítimas do coronavirus en Galicia

Balidea vén de sumarse ao loito oficial decretado polo goberno autonómico en Galicia durante o mes de maio en lembranza das vítimas da Covid-19.

ler máis

Balidea colabora con Cruz Vermella a través do patrocinio do Congreso de Seguridade Informática c0r0n4con

Balidea xa é patrocinador do c0r0n4c0n, o Congreso de Seguridade Informática, que ten como lema “Isto parámolo hackeando” e que destinará todos os fondos recadados ao Plan Cruz Vermella RESPONDE fronte ao COVID-19.

Esta convocatoria desenvolverase integramente online entre os días 9 e 12 de abril e foi organizada en tempo exprés pola comunidade hacker de España. Propón unha serie de charlas e talleres técnicos, así como eventos en streaming totalmente en aberto impartidos e organizados por expertos en ciberseguridade.

ler máis

Balidea renova a súa avaliación CMMI 3 para a súa unidade de Desenvolvemento e Produción TIC

A unidade de Desenvolvemento e Produción TIC de Balidea vén de renovar por 3 anos a súa avaliación de nivel 3 do Instituto CMMI de Integración de Modelos de Madurez de Capacidades (CMMI® polas súas siglas en inglés, Capability Maturity Model Integration), que analiza os procesos dentro dunha organización. A avaliación realizouna a compañía asociaciada Gesein S.L.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - RSC