Educación

Balidea súmase á formación dual

Balidea vén de sumarse á formación dual como empresa colaboradora do novo Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web, que se levará a cabo no CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense. Esta semana abriuse o prazo de entrega de solicitude de admisións, con límite ata o 2 de xullo. Trátase dunha boa oportunidade para formarse e traballar ao mesmo tempo e coñecer de primeira man as demandas profesionais do sector das TIC.

ler máis

Balidea consigue dos premios a la mejor web educativa y a la mejor web institucional del año en la Drupal Camp Spain

 

Balidea logrou dous Splash Awards na Drupal Camp Spain 2019, o maior evento desta tecnoloxía que se celebra en España. Estes premios recoñecen os mellores proxectos do ano en España desenvoltos con Drupal. Os premios recolleunos este xoves en Conil de la Frontera (Cádiz) o director de Desenvolvemento e Produción TIC de Balidea, Diego Arias.

Das nove categorías existentes, Balidea triunfou en dúas.

ler máis

En marcha o novo portal do Servizo Municipal de Educación da Coruña, unha evolución realizada por Balidea

O Servizo Municipal de Educación da Coruña lanzou o seu novo portal da man de  Balidea. A evolución da súa anterior web, xa xestionada pola nosa empresa, obtivo como resultado un sitio máis intuitivo, visual e versátil, adaptado a todo tipo de dispositivos móbiles e que responde as necesidades das persoas usuarias.

ler máis

A Universidade de Vigo presenta o seu novo portal institucional, desenvolvido en Drupal 8 por Balidea

O novo portal institucional da Universidade de Vigo xa é unha realidade. É o resultado dun proceso que arrancou en outono do ano pasado e xuntou a varios equipos baixo a imprescindible coordinación da área TIC da universidade. Nese proceso colectivo Balidea tivo un papel destacado: encargouse do desenvolvemento do portal, empregando Drupal 8.

ler máis

Balidea colabora por terceiro ano consecutivo co Máster en Innovación e Estratexia Dixital da Universidade da Coruña

Balidea mantén unha colaboración continua co Máster en Innovación e Estratexia Dixital da Universidade da Coruña. Por terceiro ano consecutivo responsables da empresa guiarán ao alumnado no desenvolvemento dun proxecto práctico de innovación empresarial.

ler máis

Balidea colabora co Máster de Xestión Sanitaria e Hospitalaria da IFFE Business School

Balidea mantén unha colaboración co Máster de Xestión Sanitaria e Hospitalaria da IFFE Business School, a través da cal impartiu unha sesión sobre a aplicación das TIC na saúde. O obxectivo desta intervención foi mostrarlle ao alumnado os diferentes proxectos e iniciativas da empresa relacionados co ámbito sanitario, no que contamos con quince anos de experiencia e no que nos últimos anos desenvolvemos varias liñas de traballo.

ler máis

Alumnado do Posgrao de Xestión Empresarial da Innovación da Universidade da Coruña realizará prácticas en Balidea

Balidea renovou a súa colaboración co Posgrao de Xestión Empresarial da Innovación da Universidade da Coruña, permitindo que unha parte do alumnado realice as súas prácticas na empresa. Durante o período de prácticas os participantes deberán desenvolver un proxecto consistente na simulación da creación dunha start up, elaborando o seu plan de empresa e mercado, o seu catálogo de produtos innovadores e mesmo recreando reunións con posibles clientes.

ler máis

Balidea desenvolve novas funcionalidades da plataforma de formación do Instituto das Nacións Unidas para a Formación e a Investigación

Balidea está a encargarse da evolución e desenvolvemento de novas funcionalidades da plataforma online de formación de UNITAR, o Instituto das Nacións Unidas para a Formación e a Investigación, que se encarga de facilitar actividades formativas e de investigación sobre todos os temas da súa competencia e orientadas a persoas, organizacións e gobernos.

ler máis

Balidea colabora co Posgrao de Xestión Empresarial da Innovación da Universidade da Coruña

BALIDEA está a colaborar co Posgrao de Xestión Empresarial da Innovación, organizado pola Universidade da Coruña e dirixido por Jose Manuel Barreiro e Andrés Faíña da Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea. Este posgrao inclúe a realización de prácticas en empresas innovadoras como BALIDEA, recoñecida como Peme Innovadora polo Ministerio de Economía e Competitividade.

ler máis

BALIDEA participa no Foro de Empresas para Enxeñería Informática da USC

Balidea, un ano máis, participou no VIII Foro de Empresas para Enxeñería Informática organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e que tivo lugar no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería.

ler máis

Páxinas

Subscribirse a RSS - Educación