Call center

CESGA e BALIDEA acordan levar as escolas rurais ‘á nube’

O pasado venres o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e Balidea asinaron un acordo que permite a posta en marcha dun ambicioso proxecto de innovación educativa, que pretende dotar dunha rede de  infraestruturas e servizos baseados en computación cloud á escola, e en especial, á que se atopa no rural. 

ler máis

BALIDEA colabora no programa de Voluntariado Dixital da Xunta

Balidea é unha das 16 empresas do sector tecnolóxico galego que se vén de adherir formalmente ao  programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, en virtude do cal actuarán, todas elas, como mecenas dixitais contribuíndo economicamente na formación de voluntarios, na doazón de equipamento TIC e outros bens, na cesión de uso de espazos TIC, apoiando a comunicación ou financiando eventos específicos.

ler máis

BALIDEA participa na creación dun sistema de xestión integral de pacientes crónicos

O Ministerio de Ciencia e Innovación vén de conceder ao consorcio formado por Balidea, Indra, InfoJC e Televés cofinanciamento para a creación dun sistema de xestión integral de pacientes crónicos. Esta concesión pertence ao programa destinado a fomentar a cooperación estable público-privada en investigación e desenvolvemento en áreas de importancia estratéxica para o avance da economía española (programa FEDER-INNTERCONECTA).

ler máis
Subscribirse a RSS - Call center