
BALIDEA
A nosa organización traballou intensamente desde a súa creación no ámbito da sanidade, o que levou a que o noso equipo de traballo teña unha ampla experiencia no deseño e implementación de sistemas de información para o ámbito sanitario, en particular en saúde pública, tanto na vixilancia epidemiolóxica como no ámbito da inspección sanitaria.
A experiencia adquirida, derivada do crecemento de BALIDEA, propiciou a diversificación de modelo de negocio, posibilitando a capacidade de asumir novos retos e proxectos de diversa índole.
Cabe destacar que a nosa presenza na administración aumentou notablemente desde o ano 2002 e prevese que continúe neses termos en campañas vindeiras. Tanto é así que a intención é incrementar o volume de negocio noutras comunidades autónomas do País e no sector privado en xeral.