Balidea, presente un ano máis na Drupal Camp

Balidea, presente un ano máis na Drupal Camp

Chega a Drupal Camp 2018, referente nacional para a comunidade de  drupaleiros e  drupaleiras. Alacante é a cidade elixida para organizar unha nova edición deste evento que conta, un ano máis, co patrocinio de Balidea. A cita será no centro cultural Las Cigarreras, o sábado 26 e domingo 27 de maio.

Esta edición está pensada para que os profesionais do sector interesados en Drupal afonden neste tipo de sistema de xestión de contidos e coñezan as principais novidades tecnolóxicas a través de conferencias e talleres prácticos.

En paralelo, o venres, terá lugar o V Business  Day, unha xornada organizada para os responsables das empresas TIC e orientada a facilitar  networking e tomar o pulso ao mercado.

Actividades programadas

Por diante, dous días de intensa actividade na que se expoñerán coñecementos prácticos a través de experiencias e desenvolvementos reais. Entre os relatores destaca Pedro González, un dos máis veteranos de Drupal en España como testemuñan os seus máis de 12 anos de antigüidade en  drupal.com.

Festa do Sábado Noite

Os participantes poderán gozar da Festa do Sábado Noite cun cocktail e música en directo no Patio de Armas do Castelo de Santa Bárbara. Amenizará a xornada o artista local David Prada, a partir das 00.00 horas.

Compromiso de  Balidea coa comunidade Drupal

Un ano máis,  Balidea mantén a súa colaboración  Silver Sponsor con Drupal Camp, como mostra do seu compromiso con esta comunidade. Balidea continúa apostando firmemente polas tecnoloxías web  Opensource cunha parte importante dentro do seu Software Factory. Dentro desas tecnoloxías destaca Drupal, por ser un dos CMS de maior expansión e uso a nivel global nos últimos tempos.

Comparte este post: