Balidea participa en Polonia nun encontro centrado nas boas prácticas en “outsourcing” a nivel internacional

Balidea participa en Polonia nun encontro centrado nas boas prácticas en “outsourcing” a nivel internacional

Balidea vén de participar no  Best  Outsourcing  Pratices  Meetup organizado en  Gliwice (Polonia) pola empresa local  XSolve para compartir a súa experiencia e coñecemento na prestación de servizos tecnolóxicos a nivel internacional.  O encontro tivo lugar o pasado xoves 22 de febreiro e nel estiveron presentes outras empresas tecnolóxicas de Holanda, Dinamarca, Italia, Alemaña, Sudáfrica e Cataluña.

No evento interveu  Iago Fernández Bugallo, director de proxectos internacionais de  Balidea, que destacou a importancia de achegarlle un valor engadido ao cliente. “Balidea non só presta servizos, senón tamén talento. Os nosos profesionais son capaces de entender ao cliente máis aló das súas necesidades concretas de software, axudándolle a mellorar o seu negocio”, engadiu.

Trátase do segundo encontro deste tipo promovido por  XSolve, que decidiu contactar con  Balidea pola súa grande experiencia na  externalización de servizos tecnolóxicos a nivel internacional. Para  Balidea foi unha oportunidade para coñecer como empresas do seu sector prestan servizos similares, poñer en común boas prácticas e identificar cales son as principais liñas de traballo no ámbito do outsourcing tecnolóxico.

Provedor da Axencia Danesa da Enerxía, a  EFCA ou a ONU

A expansión de  Balidea desenvolveuse nos últimos anos dunha forma moi orgánica, asentándose alí onde aumentaba a súa carga de traballo e estratexicamente orientada cara ao resto de Europa, en especial aos países nórdicos, coa filosofía da prestación dun servizo de software factory dende España.

Desta forma  Balidea traballou en máis de 400 proxectos na Unión Europea. Entre os seus clientes internacionais figuran entidades como a Axencia Danesa de Enerxía, o Concello de Copenhague, a  European  Fisheries Control  Agency (EFCA) da Comisión Europea ou as Nacións Unidas (ONU);  Balidea é dunha das escasas compañías españolas provedora de servizos TIC para esta organización.

Comparte este post: