BALIDEA inaugura nova oficina de I+D+i no Campus Universitario de Vigo

BALIDEA inaugura nova oficina de I+D+i no Campus Universitario de Vigo

Balidea abre unha nova oficina no campus universitario de Lagoas-Marcosende en Vigo, un centro de traballo que xestionará e promoverá os proxectos de I+D+i, tanto internos como os realizados en colaboración con outras empresas.

Esta nova localización, no complexo de servizos situado na praza Miralles, á beira  da Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI) e o  Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade de Vigo, sitúa a Balidea nun centro empresarial, especializado no desenvolvemento de proxectos de I+D+i.

A nova oficina de Balidea, forma parte dun conxunto de empresas vangardistas no desenvolvemento de produtos TIC, que teñen como obxectivo fortalecerse a través da colaboración entre compañías do sector tecnolóxico.

Comparte este post: