ADESTRapp revoluciona o mundo deportivo

ADESTRapp revoluciona o mundo deportivo

  • O programa deportivo de referencia da TVG ‘En Xogo’ faise eco da innovación que trae consigo esta tecnoloxía da man do consultor de BALIDEA e adestrador do FC As Pontes, Pablo López Vidal
  • ADESTRapp é unha ferramenta orientada á asistencia táctica para o corpo técnico durante os partidos que permite a transmisión en tempo real de imaxes desde a bancada.

“É unha bomba a nivel produto”, así define Pablo López a aplicación ADESTRapp seguindo a brincadeira do presentador do programa, Óscar Benito, en relación á forma da nova ferramenta.

Pablo López, adestrador do FC As Pontes desde xuño de 2015, ademais de técnico da nosa empresa, sabe ben do que fala, xa que o equipo que entrena leva aproveitando esta aplicación desde principio de temporada. "Utilízase unhas dez ou doce veces por partido", cóntanos Pablo e "normalmente úsaa máis o segundo adestrador porque o primeiro xa ten bastante con mirar para o campo".

A nova ferramenta permite editar con retardo as imaxes, rebobinar ou facer cortes no vídeo das xogadas máis relevantes. Trátase dun recurso que transmite información in situ e en tempo real permitindo analizar as técnicas deportivas e recompilar datos antes do descanso ou da final do encontro, co fin de reparar aqueles erros deportivos que se estean producindo.

O xogador do Pontevedra CF e tamén convidado o programa nesta ocasión, Capi, augurou entre risas un curto futuro á aplicación polas rifas que lles poden caer aos xogadores; bromas aparte, é innegable que o mundo deportivo celebra a innovación neste campo, “todo o que sexa para axudar é benvido” recalca Mosquera, ex xogador do RC Celta de Vigo e profesor da Escola de Adestradores, que considera que os xogadores apreciarán dunha forma clara e construtiva as técnicas do xogo.

O RC Deportivo usa a APP desde o derbi do pasado 20 de novembro.

Cada vez son máis os clubes deportivos interesados en usar esta novidosa ferramenta; o Deportivo vena empregando desde fai varios meses e foi tamén utilizada no partido Rayo–Sevilla FC desta tempada.

Pero como hai deporte máis alá do fútbol, esta aplicación esténdese a moitas outras modalidades deportivas. Foi no Campionato Internacional de Judo celebrado en Avilés no pasado outono, onde a aplicación tivo a súa estrea, nesta ocasión a través dos árbitros do campionato e non dos adestradores.
 

Adestra, grava, mellora.

TVG ADESTRapp

Comparte este post: