Balidea Consulting & Programming
BALIDEA ofrece servizos de consultoría de Tecnoloxías da Información dende 2002 tanto na Administración pública como na empresa privada.
O obxectivo da nosa empresa é, a través dunha estratexia minuciosa, asesorar, redirixir a traxectoria e proporcionar solucións aos nosos clientes para que melloren os seus resultados ao incorporar e transformar a tecnoloxía do seu negocio. Todo isto baixo as premisas de calidade e metodoloxía aplicada en todo os nosos proxectos.
O noso equipo de profesionais (consultores e técnicos) está capacitado para afrontar novos retos e conseguir que as empresas alcancen os seus obxectivos no ámbito da innovación tecnolóxica, ben sexa coa adaptación dos produtos existentes ou ben con software específico desenvolvido a partires do análise das súas necesidades particulares.
Debido ao gran número de proxectos realizados no ámbito sanitario, a nosa organización especializouse no deseño e implementación de sistemas de información na área técnica-sanitaria, en particular en saúde pública.