...............................................................................................................................................................................................................................................
Balidea/ Presentación

BALIDEA
BALIDEA ofrece servizos de consultoría de Tecnoloxías da Información dende 1993 tanto na Administración pública como na empresa privada.
O obxectivo da nosa empresa é, a través dunha estratexia minuciosa, asesorar, redirixir a traxectoria e proporcionar solucións aos nosos clientes para que melloren os seus resultados ao incorporar e transformar a tecnoloxía do seu negocio. Todo baixo as premisas de calidade e metodoloxía aplicada en todos os nosos proxectos.
A nosa equipa de profesionais (consultores e técnicos) está capacitada para afrontar novos retos e conseguir que as empresas acaden os seus obxectivos no ámbito da innovación tecnolóxica, ben sexa coa adaptación dos produtos existentes ou ben con software específico desenvolvido a partir da análise das súas necesidades particulares.
Debido ao gran número de proxectos realizados no ámbito sanitario, a nosa organización especializouse no deseño e implementación de sistemas da información na área técnico-sanitaria, en particular na saúde pública.

presentación