...............................................................................................................................................................................................................................................

Áreas de Negocio/ Consultoría

...............................................................................................................................................................................................................................................

 

CONSULTORÍA

 

 

 

consultoria

 

Unha das áreas de negocio fundamentais de Balidea é a consultoría para proporcionar asesoramento, redirixir a traxectoria e proporcionar solucións aos problemas xurdidos nas súas empresas no ámbito das Tecnoloxías da Información.

 

A través dunha estratexia minuciosa, Balidea pretende que os seus clientes melloren os seus resultados ao incorporar e transformar a tecnoloxía do seu negocio.

 

Balidea considera fundamental a formación dos seus empregados e por iso crea unha carreira profesional para cada un, cun programa de formación continua que permite ofrecer aos seus clientes un persoal cualificado con capacidade de enfrontarse a todas as novas situacións e aportar coñecementos e capacidades especiais. Desta maneira conséguese unha gran calidade nos nosos servizos.

 

Cabe destacar a gran experiencia de Balidea na área técnico-sanitaria, especialmente en Saúde Pública, abalado polos numerosos proxectos desenvolvidos e asistencias técnicas prestadas dende a creación da empresa. Isto permítenos dispoñer dun coñecemento organizativo, estrutural, funcional e conceptual extenso neste ámbito proporcionando un apoio decisivo para levar a cabo a correcta implantación dos sistemas.